Do 23 ao 25 de maio do 2024 a Academia Galega de Teatro realizou unhas xornadas no Pazo de Mariñán, en colaboración coa Excelentísima Deputación da Coruña e patrocinadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, que baixo o título xenérico de: "O deseño das programacións teatrais galegas: Na procura dun novo modelo cooperativo", establecéronse sinerxias de entendemento entre as compañías de teatro e os xestores e xestoras culturais que realizan labores de programación de artes escénicas nos concellos de Galicia.
Fixéronse públicas as conclusións derivadas do encontro, que poden ser descargadas aquí.